O Rally de Coches Clásicos levou a Culleredo 40 modelos de época

Culleredo  acolleu o domingo un percorrido á historia do automobilismo. O municipio recibiu o primeiro Rally de Coches Clásicos, organizado pola Escuadra Centollo e o Concello de Culleredo.

O evento xuntou a uns 40 modelos de coches, que datan desde 1966 a 1985. Puidéronse ver marcas como Porsche, Mini, Lancia, MG, Opel ou Fiat. A gran valía dos coches levou a moitos veciños a pasarse polo recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo, onde tivo lugar a saída e chegada da proba.

O rally, enmarcado na categoría da regularidade polo que as velocidades que alcanzaron foron baixas, percorreu as principais parroquias de Culleredo. Os coches partiron do Burgo cara a Tarrío, Orro, Celas, Castelo, monte Xalo, Bregua ou Boedo para regresar ao paseo marítimo.
 
O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, foi o encargado de portar a bandeirola para dar a saída oficial aos vehículos participantes. O edil considera que Culleredo ofrece unhas condicións "excelentes" para o desenvolvemento desta iniciativa dado a súa paisaxe variada.  

Suárez asegura que o Concello está "encantado" de recibir a competición e agradece á escuadra a súa implicación e traballo.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina