Culleredo acolle o domingo o I Rally de Coches Clásicos

Culleredo converterase o vindeiro domingo, 16 de febreiro, nun percorrido á historia do automobilismo. O municipio acollerá o primeiro Rally de Coches Clásicos, organizado pola Escuadra Centollo e o Concello de Culleredo.

O evento xuntará a uns 35 modelos de coches, que datan desde 1966 a 1985. Poderanse ver marcas como Porsche, Mini, Lancia, MG, Opel ou Fiat. "Todos se atopan en perfecto estado e merece a pena contemplalos", apunta Rafael Martín, representante da Escuadra Centollo. Unha agrupación de afeccionados a estes vehículos radicada en Culleredo e moi activa na organización de actividades.

O rally, enmarcado na categoría da regularidade polo que as velocidades que alcanzarán son baixas, percorrerá as principais parroquias de Culleredo. Os coches concentraranse no Burgo, no recinto multiusos do paseo marítimo, a partir das 9.00 horas.

A saída está prevista para as 10.30 horas. A ruta será desde O Burgo cara a Tarrío, Orro, Celas, Castelo, monte Xalo, Bregua ou Boedo para regresar ao paseo marítimo. A chegada está marcada para as 14.20 horas.

O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, anima aos veciños a achegarse ao paseo marítimo ou calquera dos puntos do percorrido para gozar duns modelos "únicos". O edil considera que Culleredo ofrece unhas condicións "excelentes" para o desenvolvemento desta iniciativa dado a súa paisaxe variada, polo que recoñece que o Concello está encantado de recibir a competición e agradece á escuadra a súa implicación e traballo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina