O Concello imparte un novo programa de educación na convivencia nos colexios e IES

O Concello de Culleredo esfórzase ao máximo para, dentro das súas competencias educativas, emprender programas que beneficien ao alumnado do municipio. Cada curso, a Concellaría de Educación ofrece diferentes actividades educativas que buscan traballar ámbitos de necesidade para os escolares.

Así, o mércores 22 de xaneiro o Concello inicia por primeira vez un programa de educación na convivencia. A concelleira de Educación, Carmen Varela, explica que se abordarán as habilidades sociais básicas, poñendo énfase nos aspectos que máis requiren unha formación de acordo cos docentes.

O programa didáctico deseñado polo Concello diríxese en concreto a tres cursos: 2º e 5º de Educación Primaria, e 1º de Educación Secundaria. En total serán 569 alumnos os beneficiarios desta iniciativa dos colexios Ría do Burgo (Fonteculler), Sofía Casanova (Vilaboa), Tarrío, Ponte Pasaxe e o IES Eduardo Blanco Amor.

Este plan de educación na convivencia está estruturado en contidos adaptados ás diferentes idades dos participantes. No caso dos alumnos de 2º de Primaria (7-8 anos) as actividades teñen como obxectivo mellorar a súa relación cos iguais. Aprenderán a saber desculparse ou entrar nunha conversación, por exemplo. Tamén buscarán evitar aspectos como os insultos para a resolución dos seus problemas.

No caso do alumnado de 5º de Primaria (10-11 anos), a finalidade do programa será mellorar o seu comportamento en lugares públicos. Traballarán que saiban distinguir o que poden facer ou non e que acepten cuestións como respectar as quendas.

E no caso de 1º de ESO (12-13 anos), as sesións centraranse no vandalismo. Abordaranse os factores que a orixinan e as súas consecuencias co obxecto de que os alumnos poidan obter as súas propias conclusións e entender os problemas de faltar ao respecto polo alleo.

Varela destaca que as actividades traballarán un ámbito "tan necesario" como a sociabilidade. Resalta a boa acollida que tivo a proposta entre os centros e os contidos consensuados cos profesores para adaptalo ás prioridades educativas actuais.

O programa estenderase ás seguintes semanas dos meses de xaneiro e febreiro.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina