O Concello reparará a calzada da avenida de Juan Carlos I

A avenida de Juan Carlos I é unha das rúas máis transitadas do municipio de Culleredo. Serve para enlazar coa zona residencial da Cros así como con equipamentos como o paseo marítimo do Burgo, o centro ocupacional A Escada, a escola infantil, o centro de día ou diversos comercios e locais de hostalaría. Ademais, funciona como alternativa ao tráfico fronte á AC-211.

Con este uso continuo e o paso do tempo, a avenida presenta necesidades de mellora que o goberno de Culleredo decidiu levar a cabo dada a súa importancia para centos de veciños que circulan a diario por ela.

A avenida Juan Carlos I constituíu unha das prioridades para o Concello no seu plan de sinalización viaria, un conxunto de actuacións que se emprenden despois de efectuar unha profunda revisión do estado das rúas. Esta análise concluíu cun conxunto de reparacións necesarias e unha serie de propostas de mellora formuladas desde a Policía Local.

O Concello procedeu a repoñer as bandas rugosas da avenida, un dos elementos se seguridade viaria cos que conta. Estas bandas fóronse estragando polo tránsito de vehículos, polo que se colocaron novas que alenten aos condutores a respectar a limitación de velocidade.

Outra das actuacións desenvolveuse no cruce de Juan Carlos I coa rúa Mosteiro de Carracedo. A Policía Local detectou que existía pouca visibilidade para os usuarios, polo que o Concello colocou un espello que axude á incorporación á avenida.

O seguinte paso abordará o firme da calzada, dentro das obras programadas polo Concello. O goberno local avanza que reparará o asfalto da avenida, especialmente entre o cruce con Anxo Senra e o xardín botánico, abarcando toda a fronte dos edificios.

O proxecto suporá un investimento para o Concello de 27.000 euros. Será acometida de forma inminente.

Con estas melloras, o equipo de goberno apunta que mellorarán notablemente as prestacións e a seguridade viaria da avenida Juan Carlos I, respondendo as necesidades manifestadas polos veciños.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina