Aberta a inscripción para os campus de Nadal de balonmán, fútbol e patinaxe

O Nadal de Culleredo tamén practicará deporte. O Concello colabora con tres clubs do municipio para lanzar tres campamentos deportivos que ofrecerán aos escolares unha alternativa sa durante as próximas vacacións do Nadal.

O campus de balonmán desenvolverase no polideportivo de Tarrío, do 23 de decembro ao 13 de xaneiro, fóra dos festivos e fins de semana, en horario de 9.30 a 14.00 horas cada día. Os rapaces poderán iniciarse neste deporte neste campus que coordina o Club Balonmán Culleredo. Información en balonmanculleredo@gmail.com

A actividade de fútbol levarase a cabo no campo municipal do Burgo, do 23 ao 31 de decembro, salvo os festivos e fins de semana, en horario de 9.30 a 14.30 horas. O campus está organizado polo Sporting Burgo. Información en www.spburgo.es.

A patinaxe artística segue en auxe en Culleredo. O Club Aura Culleredo dirixe o campus, que comprenderá do 30 de decembro ao 4 de xaneiro, a excepción do día de Aninovo, en horario de 9.30 a 14.00 horas. Información nos números 649 820 720 e 645 012 786.

O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, destaca a "variada oferta deportiva" da que poderán gozar os cullerdenses este ano. O obxectivo, explica, é "propiciar actividades de calidade para a conciliación".

Suárez apunta que os campus pretenden adaptarse aos centros de interese dos nenos e nenas de Culleredo e resalta o traballo dos clubs deportivos que son os organizadores dos campus, coa plena colaboración da Concellaría de Deportes.

Ademais destes campamentos, o Concello de Culleredo lanzará un programa deportivo máis extenso, con actividades e torneos puntuais, que será presentado nos próximos días. Haberá tamén unha forte oferta de baloncesto.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina