Culleredo recoñece á pequena Noelia Bacariza, seis veces campiona galega de ximnasia artística

Con só 12 anos de idade, a pequena Noelia Bacariza xa conta no seu haber con 6 campionatos galegos en ximnasia artística. Con motivo da súa recente vitoria, a deportista foi recibida polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, nun acto celebrado para recoñecer os seus meritorios resultados.

Na recepción, celebrada no salón de plenos da casa consistorial, o rexedor fíxolle entrega a Noelia dun detalle en recoñecemento ao seu labor por parte do Concello. Sacristán enxalzou o "gran esforzo" que leva esta modalidade deportiva e mostrouse "orgulloso" de que Culleredo conte con novas promesas deste nivel.

Ao Concello acudiu acompaña da súa familia, emocionada do mesmo xeito que a nova ximnasta. A súa nai destaca que Noelia venceu en todos os campionatos galegos que se presentou.

A ximnasta, natural de Acea de Ama, comezou a súa andaina ao seis anos na ximnasia nas escolas deportivas municipais do colexio Isaac Díaz Pardo do Burgo. Hoxe cursa no IES Blanco Amor.

O pasado mes de xullo alzábase por sexta vez co campionato galego, nesta ocasión correspondente ao nivel 4. Noelia desenvolve a competición no Club Tempos, ao que se acaba de incorporar. O seu obxectivo para este curso: tratar de subir de nivel na competición.

Ademais dos campionatos galegos, Noelia xa conseguiu logros a nivel estatal.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina