Renovada a rede de abastecemento e a pavimentación do núcleo do Cubo

O Concello de Culleredo continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas do municipio. Neste caso, o goberno local acaba de finalizar traballos para modernizar a rede de abastecemento de auga na parroquia de Culleredo, o que incluíu ademais a renovación do firme da rede viaria.

Tratouse dunha actuación levada a cabo no núcleo do Cubo, situado nas inmediacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Tarrío. As obras levadas a cabo nas últimas semanas consistiron na renovación da rede de condutos de auga, para ofrecer un mellor servizo aos veciños e evitar a chegada de avarías.

Ademais, o Concello efectuou unha reforma do pavimento da zona, que se foi deteriorando co paso do tempo.

Desta forma, o goberno de Culleredo dá resposta a algunhas das principais necesidades manifestadas polos residentes do Cubo.

As obras foron incluídas polo Concello en paquetes de actuacións financiados pola Deputación da Coruña. En concreto, a mellora da rede de abastecemento forma parte dun plan de 55.000 euros de orzamento, con intervencións en varios puntos do municipio, e a reposición do firme, nun de 35.000 euros de orzamento.

Neste mesmo paquete enmarcouse a renovación das estradas en Morteiral, parroquia de Celas, que o Concello tamén acaba de completar.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina