O Concello modifica o acceso para peóns ao CEIP Sofía Casanova polas obras do parque

A remodelación do parque Sofía Casanova, de Vilaboa, que está a levar a cabo o Concello de Culleredo, obriga a unha modificación no acceso a pé ao colexio de Educación Infantil e Primaria. O goberno municipal opta por establecer, de forma provisional, a entrada para peóns pola porta principal, quedando deshabilitado o acceso peonil desde o parque, para garantir a seguridade de alumnos e pais.

As fortes choivas que se produciron xeraron barro polas obras do parque. Para evitar riscos de caída e lesións, o Concello, en coordinación coa dirección do CEIP, acordou este cambio, que será efectivo a partir deste mércores 16. O colexio comunicouno aos pais mediante unha nota informativa.

Así, a empresa que realiza os traballos no parque aproveitará para acometer a mellora neste acceso ao colexio, que será en formigón. Estímase que a próxima semana quedará completado podendo restablecer este acceso ao centro.

Para garantir a seguridade por esta entrada provisional, o goberno de Culleredo establecerá nas horas de entrada e saída un plan especial da Policía Local. Os axentes velarán pola entrada segura dos peóns en combinación co paso de vehículos.

O goberno local considera que esta variación provisional, aínda que nalgúns casos supoña un cambio na rutina diaria das familias, resulta oportuna para evitar riscos innecesarios. A Policía Local apoiará en todo momento aos pais e alumnos.


Remodelación integral do parque

O Concello de Culleredo executa as obras de reforma do parque Sofía Casanova con obxecto de mellorar as súas prestacións, a petición dos veciños da zona que frecuentan a diario a zona para a práctica deportiva, pasear ou levar aos nenos.

Os traballos consisten, en primeiro lugar, na limpeza e saneado de todo o recinto. O proxecto permitirá o arranxo de todos aqueles puntos danados, como diversas zonas que se soltaron na pasarela ou as táboas de madeira, que serán substituídas e instaladas novas cun lacado brillante que melloren ademais a estética.

O Concello renovará así mesmo o céspede sintético do espazo para poida usarse para o xogo de forma segura. Serán 406 metros cadrados de firme deste tipo os que se colocarán. Así mesmo instalaranse novas redes e aros. Non en balde trátase dunha das escasas pistas de herba artificial da zona.

O proxecto incluirá tamén a roza de 1.500 metros cadrados de céspede natural. Nel plantaranse árbores e arbustos e colocaranse diversos elementos de mobiliario urbano.

O goberno municipal destina 50.000 euros a esta actuación, cofinanciados pola Deputación da Coruña.

O Concello programou esta actuación na súa política de destinar os principais investimentos ás infraestruturas básicas e actuacións prioritarias para os veciños. O espazo foise deteriorando conforme o paso do tempo, e dado que se trata dun lugar moi utilizado por familias e pequenos cullerdenses, o Concello apostou pola súa renovación.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina