Celebración do Día Mundial da Muller Rural en Culleredo

A conmemoración do Día Mundial da Muller Rural, fixado pola ONU para o 15 de outubro, ten lugar en Culleredo cunha mostra de iniciativas femininas de éxito. O Concello pretende visibilizar diferentes experiencias de mulleres do municipio e da comarca para animar a sacar proveito das posibilidades do ámbito rural

O acto celebrarase este martes 15 ás 18.00 horas na reitoral de Celas de Peiro. As iniciativas que se exporán son as de:

  • Manola Sánchez Uzal, gandeira e agricultora da parroquia de Almeiras.
  • Nuria Calo de "As Camposeiras" empresa dedicada á elaboración de conservas de froitas ecolóxicas e artesanais, en Oleiros.
  • Begoña De Bernardo Miño, enxeñeira agrónoma, especialista en agroturismo. Xerente da Casa de turismo rural "A Pousadoira".

O goberno de Culleredo quere dar a coñecer estas iniciativas e experiencias  que se están desenvolvendo no concello ou na comarca para animar ás veciñas do rural a que valoren todas as posibilidades do seu medio. A concelleira de Sanidade e Muller, Penélope López, apunta a necesidade de visibilizar as vantaxes que ten o feito de vivir e traballar no rural, moitas veces infravaloradas ou descoñecidas.

López asegura que o rural ofrece posibilidades de emprendimiento, o que supoñen oportunidades de emprego e de desenvolvemento económico do territorio, fomentando así mesmo a igualdade de oportunidades.

Co Día da Muller Rural conmemórase a loita das mulleres por conseguir unha participación activa en todos os ámbitos da sociedade e, de maneira especial, no desenvolvemento sustentable, na produción e na seguridade alimentaria, así como tamén no coidado dos nenos e maiores.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina