O Concello executa un amplo plan de arranxo de beirarrúas e zonas de estacionamento

O peón foi un dos principais obxectivos do conxunto de obras municipais previstas polo goberno de Culleredo para este ano. Os servizos municipais detectaron as principais necesidades para incrementar a seguridade viaria das persoas, que despois plasmou no desenvolvemento de diferentes actuacións.

Foi o caso da recentemente completada reforma do firme das rúas peonís do Burgo (Hersa e Sanjurjo de Carricarte). As deterioracións nas lousas, producidas polo paso do tempo e pola entrada de vehículos de peso, levou ao Concello a substituír todas aquelas deñadas e garantir o paseo dos veciños nun punto que aglutina moitas residencias e establecementos comerciais.

Pero non eran estas dúas rúas as únicas que demandaban melloras no pavimento. Por iso, o Concello deseñou un amplo plan de arranxo de beirarrúas, centrado nos núcleos urbanos do municipio, que son os que contan con maior número de beirarrúas. O proxecto inclúe tamén a reparación daquelas zonas de estacionamento de vehículos que así o requiren, puntos polos que tamén pasan os veciños a pé.

Este plan xa está en marcha. Estes días leva a cabo no Burgo, na contorna da Cros.

Os diferentes puntos a mellorar foron localizados polos servizos municipais ou transmitidos polos veciños. De feito, na Cros o goberno local xa recibiu os parabéns dos residentes polos arranxos que consideran necesarios nunha contorna eminentemente residencial e que alberga moitos equipamentos e zonas comerciais.

O equipo de gobernos apunta que A Cros serve como lugar de residencia a moitas familias con nenos pequenos polo que o Concello quere pór "o maior dos empeños" en que dispoñan de espazos reservados para peóns "nas mellores condicións".

Este plan desenvolverase durante os próximos 6 meses.  En total, o proxecto, cun orzamento de 24.300 euros, inclúe a reparación de 463,69 metros cadrados de superficie de beirarrúas do municipio e de 310,92  metros cadrados de pavimento de zonas de aparcadoiro.

Por último, o Concello engadiu ao proxecto a dotación de papeleiras ao longo destas zonas. Trátase dun complemento para os veciños que axudarán a manter as rúas máis limpas.

O goberno de Culleredo ten clara que as obras para incrementar a seguridade viaria deben constituír unha das prioridades nas actuacións municipais. E dentro deste ámbito, a dotación de garantías para os peóns supón unha das áreas principais de traballo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina