O Sporting Burgo gaña os trofeos de fútbol veterán e afeccionado do Concello

O Concello de Culleredo celebrou esta fin de semana a conclusión de tradicionais e novas competicións de fútbol. O programa e resultado foi o seguinte:

XXXVI Trofeo de Fútbol Afeccionado Concello de Culleredo
Final: Sporting Burgo - Portazgo S.D.
Resultado: 2 - 2, resultando o Sporting Burgo campión por penaltis.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, foron os encargados de entregar o trofeo a campións e subcampións, así como ao resto de equipos que participaron na competición, levada a cabo ao longo do mes de agosto: UD Almeiras, Olímpico de Rutís e AD Culleredo.

I Torneo de Fútbol-8 Alevín Concello de Culleredo
Participantes: Portazgo S.D., Olímpico de Rutis e Sporting Burgo
Gañador: Portazgo S.D.

A Concellaría de Sanidade de Culleredo aproveitou o evento para instalar o Punto Komesan, unha iniciativa para promocionar a alimentación saudable entre os pequenos, que puideron gozar de froita ou auga ao termo dos partidos. Acudiu a concelleira de Sanidade, Penélope López.

XVI Trofeo Fútbol Veteranos Concello de Culleredo
Final: Sporting Burgo - Olímpico de Rutis.
Resultado: 4 - 3
Campión: Sporting Burgo

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina