I Campus de Patinaxe Artística de Culleredo

Culleredo celebra este mes de agosto o seu primeiro campus de patinaxe artística. Está organizado polo clube cullerdense Aura, en colaboración co Concello, a ANPA Carcabelos (CEIP Isaac Díaz Pardo) e a ANPA Rosalía de Castro (CEIP Tarrío).

O campus terá lugar do 26 ao 30 de agosto próximos, en horario de 9.30 a 14.00 horas. Celebrarase no polideportivo do Burgo.

A iniciativa conta con 100 prazas, dirixidas a nenos desde os 3 anos de idade. O prezo da matrícula é de 35 euros, sendo de 26 para o segundo irmán ou nos casos de familias numerosas.

Os interesados deben cubrir a inscrición anexa e enviala a c.p.a.aura@gmail.com.

O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, presentou a iniciativa con Elisa López, secretaria do clube Aura (no centro da imaxe) e con Nuria Carballeda, representante da ANPA Carcabelos (á dereita). O concelleiro agradeceu o traballo da organización e animou aos veciños a participar no campus e así coñecer unha modalidade deportiva de excelencia coma a patinaxe artística.

Vista previaAdjuntoTamaño
20130809_inscricion_patinaxe.doc26.5 KB
20130809_cartel_patinaxe.pdf567.57 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina