Axudas da Xunta para contratar internet vía satélite

O Concello informa de que a Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.

O programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do equipamento do interior da vivenda ou empresa preciso para distribuír a sinal de banda larga, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.

As axudas serán tramitadas polas empresas de satélite acreditadas pola Xunta como entidades colaboradas. No arquivo anexo ou na páxina web de AGADER pódese consultar unha táboa comparativa cos datos de contacto das entidades colaboradoras e os servizos ofertados ao abeiro das axudas

Neste convocatoria, o prazo para que cidadáns e pemes poidan solicitar as axudas abrirase unha vez se publique no DOG a relación de entidades colaboradoras seleccionadas e remada o día 30 de setembro de 2013.

Para máis información pódese contactar coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9.00 a 15.00 horas.
 

Vista previaAdjuntoTamaño
20130807_internet_satelite.pdf39.55 KB

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina