Dous campións de Culleredo no Campionato Galego de Descenso

Culleredo triunfa no Campionato Galego de descenso de mountain bike celebrado no municipio pontevedrés de Vilaboa. Aarón Caballero, natural de Alvedro e compoñente do club cullerdense School Riders, resultou campión absoluto ao ser o máis rápido da proba.

Caballero logrou o menor tempo (2:49.071) de todas as categorías, o que lle converteu en gañador absoluto, ademais de campión galego na súa categoría, sub 23. Outro cullerdense, do mesmo club, Manuel Verdía, foi tamén vencedor na categoría Master 30, cun tempo de 2:56.745.

Agora o campión Aarón Caballero disputará o Campionato de España, que se celebrarán na localidade de Panticosa (Huesca), o próximo 19 de xullo. Posteriormente participará na proba da Copa do Mundo que terá lugar en Andorra.

O Concello de Culleredo felicita aos dous deportistas polos éxitos deportivos alcanzados a nivel autonómico. O goberno municipal destaca o gran esforzo que leva este deporte e móstrase convencido de que estes resultados se repetirán tamén a nivel estatal ou mundial.
 

(FOTO DE AARÓN CABALLERO CEDIDA POR JOSÉ DOMÍNGUEZ)

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina