O Concello prepara a roza de 164 quilómetros de 282 estradas locais

O Concello de Culleredo levará a cabo unha ampla campaña de roza polas estradas municipais de todas as parroquias. A actuación perseguirá o acondicionamento da rede viaria local mediante a limpeza de vexetación das súas marxes, así como a roza das parcelas de titularidade municipal, coa finalidade de previr os incendios forestais.

O goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Medio Ambiente, Obras e Servizos, planificou uns traballos de roza que abarcarán a 164 quilómetros de 282 estradas municipais situadas en todas as parroquias. Serán 656.353 os metros cadrados de vías que se acollerán neste plan de limpeza do Concello.

Os traballos estenderanse durante polas diferentes parroquias, aínda que Celas, con 29,58 km; Veiga, con 25,59 km; Rutis, con 25,03 km; e Culleredo con 18,67 km son as que albergarán un maior número de intervencións.

A roza das vías municipais abarcará a 2 metros aos dous lados da calzada, que ascenderán a 3 se a pendente da cuneta supera os 45 graos. Incluirá a limpeza e eliminación de maleza, tocones, madeiros caídos, lixo e vexetación en xeral.

O plan contempla tamén a roza das parcelas de titularidade municipal. O Concello conferirá prioridade a aquelas que se atopan próximas a vivendas.

Os traballos inclúen tamén a retirada de todos os restos que por acción da maquinaria aparezan depositados na calzada ou nas beirarrúas. Para evitar a súa acumulación, o goberno municipal marca que a súa eliminación se realice o mesmo día que se efectuou a roza.

O Concello tramita a contratación destes traballos para que poidan comezar de inmediato. O goberno de Culleredo aposta por levar a cabo este plan dado que se trata da época do ano onde existe maior necesidade polo crecemento da vexetación e é necesario evitar que invada a calzada, ademais da prevención dos lumes forestais.

O investimento municipal roldará os 40.000 euros. O interese do Concello no mantemento adecuado dos camiños baséase en garantir a seguridade para peóns e condutores.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina