A Travesía do Xalo alcanza o domingo o seu récord de participación con 400 persoas

O Xalo vístese de gala por cuarto ano consecutivo para recibir o domingo 28 de abril aos 400 sendeiristas e corredores, record histórico de participación, da Travesía do Xalo, evento que organiza a asociación Castelo Deporte, coa colaboración do Concello de Culleredo.

Case 20 quilómetros cun desnivel acumulado positivo de 1200 metros terán que percorrer os trescentos participantes nunha carreira que o pasado ano gañou Fernando Arca cun tempo de 1.45 facendo unha ruta lixeiramente máis extensa. Desde a organización apúntase que, aínda que o trazado que non chega aos vinte quilómetros, é con creces o máis duro dos proxectados ata agora para esta actividade.

Sobre a andaina, aínda que non tan intensa como noutras edicións, será sen dúbida a máis fermosa: percorrerá as paraxes máis frondosas da parroquia de Castelo, e chegará ata os puntos máis altos do monte. Será un percorrido de pouco máis de 9 quilómetros, no que se disporá un avituallamento sólido e líquido para repoñer forzas.

A proba estará apoiada por máis de cincuenta voluntarios encargados de diferentes tarefas no centro loxístico da polideportiva de Castelo e ao longo e ancho do Xalo.


Horarios

Para as 9.30 horas está prevista a saída da carreira e para as 10.00 horas a da andaina. O obxectivo será completar ambas probas antes das 14.00 horas, hora en torno á cal está prevista a entrega de trofeos, á que asistirá o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez. Desde as 8.00 horas disporase no bar Casa Rodríguez (Castelo) o punto de recollida de dorsais, que permanecerá aberto ata as 9.15 horas para a carreira e as 9.45 horas para a andaina.

Meteogalicia avanza para o domingo unha probabilidade de chuvia do 80%, con temperaturas que oscilarán entre os 8 e os 15 graos. A organización recomenda aos participantes acudir, sobre todo á andaina, con roupa de abrigo e chuvasqueiros.

Castelo Deporte informará durante toda a xornada do domingo a través da súa conta en Twitter de todo o que aconteza na proba, e mesmo ofrecerá avisos de última hora para os participantes a través desta rede social.


Participantes de luxo

Dous dos socios máis ilustres da entidade cullerdense participarán na proba. Os actores Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán percorrerán carreira e andaina respectivamente, nunha mostra máis de apoio ao traballo que Castelo Deporte desenvolve na organización de actividades deportivas e culturais en Culleredo.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina