O descenso ao Xalo reunirá o sábado a 200 deportistas e numeroso público en Culleredo

Culleredo acolle este sábado, 20 de abril, a terceira edición do Descenso O Xalo, proba deportiva de descenso de Mountain Bike. A competición, proba oficial do Open Galicia 2013, está organizada polo club cullerdense School Riders Team, en colaboración co Concello de Culleredo.

O III Descenso O Xalo reunirá a 200 deportistas, moitos deles veciños de Culleredo, xuntando tamén aos principais deportistas da modalidade de descenso a nivel nacional. De cara á proba, os bikers subirán a pé até o punto da saída. Desde alí comezará o descenso por unha laxa de pedra natural, aínda que se poderá evitar por unha variante.

Tras este treito, o percorrido conta con zona de curvas e cortados que dan paso a uns saltos, seguido dunha "trialeira" que penetra nun bosque de piñeiros e dan paso a unha zona de pedaleo, pasando á zona final do circuíto con curvas rápidas, un cortado e o salto de meta, situada en Celas de Peiro. Trátase dun circuíto longo e rápido de pouco pedaleo, cunha distancia en planta de 2,1 Km e que supera un desnivel de 310 m.

A entrega de dorsais e chips terá lugar de 8.00 a 9.00 horas. Os adestramentos poderanse celebrar de 8.00 a 13:30 horas. A primeira manga está prevista ás 15.30 horas e a segunda ás 17.00 horas. A entrega de trofeos terá lugar 30 minutos despois de finalizar a segunda manga.

A organización disporá na contorna de meta de servizos como aparcadoiro para público, zonas de avituallamiento, aseos públicos e carpas para os equipos. A Policía Local de Culleredo e Protección Civil colaborarán no desenvolvemento seguro da proba.

O Concello de Culleredo anima a gozar dun deporte espectacular, ideal para as posibilidades que ofrece o monte Xalo, desde onde se poderá gozar ademais das vistas ao val de Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina