O primeiro Mercadillo de Segunda Man do Concello congrega a ducias de persoas no Burgo

O Concello de Culleredo celebrou o pasado domingo o seu primeiro Mercadillo de Segunda Man e Labores cun notable respaldo de público. Foron ducias de veciños do municipio e da comarca os que se achegaron ata a praza de Europa do Burgo para visitar e mercar nos postos que se colocaron ao longo do espazo da praza.

O evento acolleu a 70 postos, de veciños procedentes de Culleredo e diferentes municipios da provincia, coma A Coruña, Cambre, Ferrol, Narón, Ares ou Oleiros. Atopáronse postos de múltiples actividades coma roupa, zapatos, bisutería, artesanía, coiro, cestería, costura, ou vaixela.

Ata a praza de Europa achegouse tamén o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, así coma o  concelleiro de Servizos de Dinamización Local, Isidro Taibo, que explica que con esta acción se pretendeu “ofrecer unha oportunidade económica para todos os veciños que a nivel afeccionado desexen vender ou intercambiar as súas creacións”.

O edil destaca a excelente acollida que tivo este mercadillo, a pesar de que se trata da primeira vez que se celebra. “Temos que idear espazos que os cidadáns demandan para poder obter unha rendibilidade moi necesaria hoxe en día”, apunta. Taibo sostén que ademais desta promoción económica, o evento servirá para dinamizar a rúa.
 

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina