Culleredo reunirá o domingo a 250 ciclistas na VI Pedalada Ártabra

Culleredo acollerá este domingo, 24 de febreiro, un dos máis multitudinarios acontecementos ciclistas da comarca. A Pedalada Ártabra, organizada polo Club Ciclista Riazor coa colaboración do Concello de Culleredo, chega a súa VI edición con 250 participantes inscritos.

A Marcha encádrase dentro da categoría de Cicloturismo-BTT (Bicicletas Todo Terreo) sendo un exercicio físico con fines de ocio, turístico ou cultural, excluíndo expresamente a competición. Ao ser unha actividade de bicicletas de montaña o percorrido é maioritariamente por camiños, sendeiros e pistas sen asistencia de público usándose as estradas asfaltadas unicamente como tramos de enlace con outros camiños de terra.

Os participantes considerarán todo o percorrido aberto ó tráfico polo que teñen que cumprir en todo momento as normas de circulación. Como apoio, nos puntos máis problemáticos de cruces con estradas con tránsito, haberá auxiliares cos medios oportunos para a correcta sinalización do paso dos ciclistas.

Itinerario:    

  • SAIDA:   Pavillón de TARRIO (Culleredo):
  • Concello de CULLEREDO
  • Desvío camiño de terra: Rúa José Ramallo nº 27 Culleredo
  • Montes da  Zapateira: O Picoto, Os Madeiros, Outeiro, Toroño,
  • Residencia de estudiantes SIGLO XXI, Cruce estrada Club de Golf-Aeroporto, Castiñeira, Prazadoira
  • CRUCE estrada DP-3006 en rotonda urb. Valaire
  • Monte Aberto
  • Pedra Carbosa
  • Parrubia
  • CRUCE estrada DP-0512 Feáns-Uxes qm 5,8 nas proximidades de Uxes
  • Monte de Ferreiros
  • CRUCE estrada DP-0512 Feáns-Uxes qm 8 nas proximidades de Circuito de Morás
  • Fontán seco
  • Freán
  • As Raposas
  • Domingo Mouro
  • Os Guizos
  • Pedra do Ouro
  • Os Fechoncos
  • Pena Rubia
  • CRUCE estrada Ledoño- Boedo DP-0511 en Boedo
  • Costa Pereiro
  • A Cabana
  • CRUCE estrada Ledoño-Boedo DP-0511 qm 0,5
  • O Couso
  • Picuda
  • Bregua
  • Montes da Lata
  • Cruceiro de Bregua
  • Uceira
  • A Cobada
  • Coto de Bregua
  • As Viñas
  • As Modias
  • A Revolta
  • Figueiras
  • TRAMO Estrada Tarrio-Orro DP-0510 qm 1
  • A Raña
  • CRUCE Estrada Tarrío-Ledoño DP-3109 qm 4
  • Camporrubio
  • Cillobre
  • As Regas
  • Pavillón de TARRIO (Culleredo) META


O percorrido, de 44,5 quilómetros polos montes de Culleredo e Arteixo, é duro e técnico. Establécense tres puntos de control nos quilómetros 12.3, 26.4 e 33.0 que estarán debidamente sinalizados onde se deberá pasar antes das 11:15 e 12:45 horas respectivamente, unha vez superados eses horarios será obrigatorio seguir polos camiños alternativos máis curtos que o principal ou escapadas.

A saída, desde o polideportivo de Tarrío, darase ás 9.00 horas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina