O alcalde entregou a tablet sorteada nas novas Rutas Barítimas

O plan de dinamización do sector hostaleiro que promoveu o Concello de Culleredo con motivo das festas de Nadal concluíu co entrega da tablet sorteadas ao abeiro das estreadas Rutas Barítimas. Tratouse dunha iniciativa organizada polo Concello para incentivar o “tapeo” polo municipio.

Un total de 31 establecementos hostaleiros participaron neste novidoso formato, desenvolvido nunha xornada no Burgo e noutra en Vilaboa – A Corveira e Fonteculler. Nesas xornadas podéronse atopar nos establecementos participantes tapas que, xunto con caña o viño, custabán 1.90 euros.

Os locais hostaleiros asociados á Ruta Barítima ensinaron un distintivo que os identificou. Con cada consumición, o cliente recibía unha participación no sorteo da tablet. O número gañador foi o que coincidiu cas últimas catro cifras do primeiro premio da ONCE do 31 de decembro.

Co 3.790 resultou agraciado José Francisco Pol Blanco, que consumiu unha tapa na “Xamoncería”, situada na Costa da Lonxa do Burgo. O alcalde, Julio Sacristán, foi o encargado de entregarlle a tablet ao veciño, que en presenza dos seus fillos, desvelou que eran eles os que agardaban utilizala máis.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, apunta que o Concello de Culleredo levou a cabo un plan de dinamización empresarial, que abarcou tanto a hostalería como ao sector comercial. “As festas de Nadal supoñían unha oportunidade para fomentar o consumo en Culleredo e demostrar as excelencias de hostaleiros e comerciantes”, afirma.

Para animar a coñecer a hostalería local e consumir nos negocios, considerouse que o tapeo era unha das melloras formas, probando as súas especialidades, descubrindo as rúas cos seus bares e a súa gastronomía.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina