Culleredo presenta un robot único en España para examinar as redes de colectores e evitar vertidos

robot

 
O Concello de Culleredo estreou o pasado mes de febreiro a concesión do servizo de saneamento. O contrato confeccionado polo Concello apostaba por crear un servizo adaptado ás necesidades dos veciños, o que levaba un potente investimento en medios técnicos e humanos. Hoxe pódese ver que este investimento na calidade do servizo é real.

A empresa concesionaria, Gestagua, presentou o seu equipamento para efectuar a xestión preventiva e correctiva do saneamento. Trátase, en definitiva, como explicou o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, de tomar medidas para asegurar ao máximo o correcto funcionamento do sistema e para efectuar as reparacións necesarias de forma inmediata e satisfactoria.

Dos equipamentos presentados destaca especialmente a unidade móbil de inspección de redes de colectores. Está dotada cunha cámara robotizada, tan avanzada no mercado que é a primeira da súa clase que se adquiriu en España.

Este robot introdúcese nos colectores e vainos percorrendo sendo manexado de forma remota desde a unidade móbil. Alí, os operarios dispoñen de pantallas onde van observando con alta definición o que capta a cámara. Isto permite ver o estado da rede, como as xuntas ou as tubaxes, localizar atasques, atopar elementos alleos, etc.

A cámara robotizada poderá viaxar tanto pola rede de saneamento como pola rede de recollida de pluviais. Este último caso é especialmente útil para localizar posibles verteduras. O robot pode ir examinando as conexións de inmobles con pluviais e observar se hai algunha procedente da rede de saneamento e que por tanto é errónea.

Esta unidade móbil está tamén dotada doutros elementos como unha pértega que introducida nun rexistro permite ao operario ver o estado interior. É especialmente útil en situacións de difícil acceso ou para efectuar un primeiro diagnóstico.

Outro dos equipamentos presentados foi un camión de limpeza de rede de sumidoiros de última xeración. Trátase dun vehículo impulsador-succionador, único na comarca, que dispón dunha bomba de presión de 250 quilogramos/centímetro cadrado. Ten unha cuba de 8.000 litros de capacidade.

Estas características permiten unha actuación eficaz para desatascar a rede de sumidoiros, succionar auga, etc. Atenderá puntualmente os avisos que se produzan a calquera hora dos 365 días do ano.

E é que os equipos presentados, aos que habería que sumar un camión lixeiro, unha máquina de limpeza de rede de sumidoiros ou tres furgonetas, dedicaranse en exclusiva ao saneamento de Culleredo. Neles, a empresa concesionaria gastou sobre 500.000 euros.

Os labores executaranse de forma planificada para garantir un mellor funcionamento do sistema, previndo de posibles avarías. E tamén levarán a cabo labores de mantemento segundo o requira a situación.

Sacristán mostrouse moi satisfeito cos equipamentos tan pioneiro cos que xa contan os veciños de Culleredo. Resaltou a importancia de realizar un labor continuo de prevención: "Así se pode determinar a realización de tarefas de mantemento nos puntos que máis o requiren polo seu estado".

O alcalde destacou os beneficios que este método innovador traerá para os veciños e para o Concello. "Un mantemento óptimo e unha boa resposta ás avarías impedirá que se produzan vertidos", explicou.

Ademais, as comunidades de propietarios que demanden o uso destes equipos poderán solicitalo, efectuando o pago correspondente.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Canal Culleredo

Emisión en directo de plenos municipales y material audiovisual municipal.

Accede al canal

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina