Culleredo emprende un plan de mellora do saneamento da ría ao demorar a Xunta a firma do convenio

 Concello de Culleredo xa executa obras de mellora no sistema de tratamento das augas residuais do municipio para continuar co seu traballo de saneamento integral da ría do Burgo. A pesar de que a Xunta de Galicia segue sen impulsar a firma do convenio de colaboración cos Concellos para a realización de actuacións por ambas as partes, o Concello puxo en marcha un plan de melloras.

Os proxectos abarcan distintos aspectos da rede de saneamento, desde a mellora de colectores, a separación das augas pluviais da rede de sumidoiros ou a dotación de equipamentos nas estacións de bombeo situadas xunto á ría. O plan se programa en dous anos da seguinte forma:

 Ano 2012

  • Instalación de rede de pluviais, para a súa separación da rede de fecais, nas rúas Ameneiro e Carballo, parroquia de Almeiras
  • Eliminación dunha conexión de pluviais a fecais en Ledoño
  • Eliminación de conexión de pluviais a fecais na rede do polígono industrial de Alvedro, na rúa José Espronceda
  • Rehabilitación do colector xeral de saneamento en Valiñas e de Celas a Ledoño
  • Instalación de baterías de condensadores reactiva nos bombeiros de Fonteculler, Acea de Ama e Alvedro
  • Instalación de alarma de intrusión nos sete bombeos residuais
  • Instalación de novos impulsores en tres bombas da estación de Acea de Ama
  • Melloras nos autómatas e telecontrol dos bombeos residuais de Fonteculler, Acea de Ama e Alvedro

Ano 2013

  • Instalación de rede de pluviais na rúa San Xiao de Almeiras
  • Instalación da rede de pluviais en Bo Home e na rúa Choeira, Almeiras
  • Instalación dun novo sistema de desbaste na estación de bombeo de Fonteculler

Estas actuacións serán emprendidas pola empresa adxudicataria do servizo municipal de saneamento, de recente licitación e concesión. O Concello incluíu no prego de condicións do contrato a realización de diferentes melloras a cargo da empresa. Neste caso custarán 300.041,38 euros.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, resalta que con estas actuacións corrixiranse conexións da rede de pluviais ao saneamento que, aínda que loxicamente non causaban ningún problema ambiental, sobrecargaban o sistema de forma innecesaria ao introducir auga limpa no tratamento de fecais.

O primeiro edil destaca tamén a mellora que se acometerá nun dos colectores xerais da rede e a modernización que se prosegue nos bombeos. Coa colocación de alarmas de intrusión, por exemplo, poderase pescudar se se produciu algunha rotura que estivese a derivar a auga da choiva ao bombeo.

Con esta programación de intervencións, o Concello de Culleredo está cumprindo co seu deber de manter e mellorar a rede de saneamento que lle compete. Agora, o goberno local espera que a Xunta de Galicia "axilice" a firma do convenio, dado que este obriga tamén á administración autonómica a emprender as melloras que lle corresponden.

O equipo de goberno descoñece os motivos que ten a Xunta para demorar tanto a rúbrica do convenio. O Concello lembra que recibiu o texto o pasado 18 de novembro e desde entón non volveu a ter noticia algunha da administración galega sobre o mesmo.

Sacristán apunta que o Concello decidiu non esperar ante este atraso e optou por avanzar en cubrir as necesidades que o estudo autonómico recollía e outras que o propio Concello tiña localizadas no seu afán de contar cun sistema de saneamento "eficaz e eficiente" e que impida vertidos á ría ou á rede fluvial do municipio.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina