O servizo de aluguer de bicicletas funcionará na tempada de primavera-verán

O Concello de Culleredo anuncia que co comezo de ano finalizará o servizo de aluguer de bicicletas no paseo marítimo do Burgo e o paseo do río Trabe, reactivándose o 15 de abril  para a tempada de primavera e verán. O concelleiro de Dinamización Local, Isidro Taibo, explica que a decisión vén motivada pola baixa demanda rexistrada no outono coa finalidade de aforrar unha importante contía económica das arcas municipais.

Desta forma, o servizo funcionará desde o 15 de abril até o 15 de outubro, abarcando así os meses de mellores condicións meteorolóxicas e que por tanto rexistran un maior emprego das bicicletas. O Concello establecerá conversacións coa empresa para reducir a aproximadamente a metade o gasto anual de 35.000 euros que supón o servizo, no que se inclúe o mantemento das bicicletas e do sistema.

Para alugar unha bicicleta, os usuarios empregan un cartón que permite recollela no tres estaciones situadas no Burgo, xunto á ponte, en Fonteculler, ao comezo do paseo, e en Acea de Ama, no paseo do río Trabe.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina