Culleredo emprende a campaña contra a violencia de xénero nos ámbitos social, educativo, cultural e deportivo

cartel campaña
 
O Concello de Culleredo comeza a campaña que desenvolve con motivo da celebración do Día Mundial contra a Violencia de Xénero. A intención do goberno local consiste en levar as actividades de repulsa e de sensibilización á maior parte da cidadanía, con especial fincapé nas aulas dos centros de ensino do municipio.

Así, o Concello crea este ano o Concurso de postais pola igualdade e a non violencia. A el poderán concorrer os alumnos de primeiro curso de Educación Primaria do catro CEIP cullerdenses. "Queremos que a formación en igualdade de oportunidades comece xa na etapa escolar", afirma a concelleira de Igualdade, Rocío Sampedro.

Non será
a única acción que se emprenderá nos colexios. Ao longo do mes de novembro terán lugar os contacontos para o 1º ciclo de Educación Primaria e empezará o ciclo de talleres de prevención da violencia de xénero. "Os escolares terán un papel moi activo nesta campaña", explica Sampedro.

O primeiro dos actos enmarcados no 25 de novembrofoi un coloquio. A emisora de radio municipal albergou un debate sobre a xestión dos apoios ás vítimas de violencia de xénero en Culleredo. Participaron a nacionalista Raquel Jabares Fernández, primeira tenente de alcalde e responsable de Benestar Social; Fátima Uzal Trigo, Directora do CIM de Culleredo; Isabel Vázquez Santiago, Responsable da Vivenda Tutelada de Culleredo; e Domingo Bayo Rodríguez, asesor xurídico de Culleredo.

O propio 25 de novembro está programada a concentración de repulsa e lectura de manifesto contra a violencia de xénero. Será na praza de Europa, no centro do Burgo, ás 12.00 horas. O acto estará presentado por Sampedro, mentres que a lectura do manifesto correrá a cargo de Pilar Castiñeira Chamorro, Presidenta da ANPA IES Branco Amor e Presidenta da asociación ANHIDA. Do acompañamento musical encargarase Pomba Catalá Parga, profesora de frauta do Conservatorio profesional de música de Culleredo.

O mesmo 25, pero pola tarde, celebrarase o V Festival da non violencia e pola igualdade. Será no Conservatorio ás 20.00 horas. Dirixe o acto Susana Crespo. Participan e colaboran: Asociación compañía de teatro e danza "O Ruiseñor", e profesorado e alumnado do Conservatorio profesional de música de Culleredo.

Finalmente, o fin de semana inmediatamente posterior, o 26 e 27 de novembro, os deportistas do Concello solidarizaranse coa causa e mostrarán nos encontros a súa repulsa á violencia de xénero.

O obxectivo xeral desta campaña é dobre: por unha banda trátase de sensibilizar á comunidade de Culleredo sobre a violencia de xénero que padecen as mulleres, e por outro se pretende dar a coñecer á cidadanía os servizos e recursos que teñen a súa disposición no Concello para a atención ás vítimas e a prevención da aparición destas situacións.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina