Culleredo conmemora o Día Internacional da Explotación Sexual e a Trata de Persoas

A Concellaría de Igualdade do Concello de Culleredo, con motivo do Día Internacional da Explotación Sexual e a Trata de Persoas (23 de setembro), desenvolverá mañá, día 22 no Hotel Crunia de Fonteculler, a partires das 17:30 horas, os seguintes actos en colaboración coa organización Médicos do Mundo e as asociacións municipais de mulleres:

  • Exposición: “Mulleres de vida alegre”, composta por 32 instantáneas de Salvador Campillo, que reflicte, a través do testemuño de catro mulleres, as causas e as consecuencias da explotación sexual. Con esta iniciativa, Médicos do Mundo trata de concienciar á cidadanía en xeral da situación na que se atopa un colectivo estigmatizado e excluído socialmente.

“Mulleres de Vida Alegre” é unha chamada de atención á sociedade sobre as persoas prostituídas, persoas ás que, na maioría das ocasións, se culpabiliza dunha situación cando en realidade son elas as vítimas.  

  • Charla informativa-formativa: “Xénero e dereitos humáns”, que impartirá Alicia Ares, enfermeira voluntaria de Médicos do Mundo experta en trata de persoas.  
    O acto, está aberto a todas aquelas persoas interesadas nesta problemática.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina