|
Localízase na parroquia de Celas, ao sudoeste do Concello de Culleredo preto do parque da Torre de Celas, onde se sitúa o museo etnográfico do Concello así como a igrexa de Santa María de Celas (s.XII).
O itinerario fluvial está conformado por once muíños dos que a maioría pertencen a varias familias que comparten a propiedade e o seu uso por cotas ou quendas.
En febreiro de 2006 os propietarios ceden o uso dos muíños ao Concello de Culleredo que , en marzo de 2007 remata a súa consolidación e organiza a ruta etnográfica para deleite de veciños e visitantes. Dous dos muíños (Fraganova e Ramallal), situados nos extremos da ruta, foron recuperados na funcionalidade orixinal.
Mércores, sábado e domingo, en horario de mañá realizaranse visitas guiadas, tomando coma punto de partida a Oficina de Información Turística de Celas (tlf. 981.668.075.). Nesta ruta guiada o visitante poderá ver o funcionamento orixinal dos muíños.
|
|
|
|
ITINEARIO FLUVIAL REGO DAS XESTEIRAS
|
|
Fai unha viaxe virtual polo "Rego das Xesteiras"