Convenio entre o Concello de Culleredo e o Fondo Galego de Cooperación

O concello de Culleredo dende o seu programa de Cooperación dependente da concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe Beatriz Pérez Mosquera, asina no día de hoxe un convenio co Fondo Galego de Cooperación para a colaboración nun proxecto de cooperación internacional. Este proxecto que leva por título "Apoio á implementación de políticas locais con perspectiva de xénero" desenvólvese en Paul e Praia, dúas municipalidadades de Cabo Verde a través do Instituto Cabo Verdiano para a igualdade e equidade de xénero; o ICIEG é un órgano gobernamental cuxo mandato é promover a igualdade e equidade de xénero en todas as esferas de actividade do país.

O obxectivo principal deste proxecto é o de promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento da muller, e mais especificamente, integrar a perspectiva de xénero nos instrumentos de planificación, execución, seguimento e avaliación das políticas municipais desta área xeográfica.

Coa sinatura deste convenio o concello realiza unha aportación de 6000 euros para a execucións de accións do proxecto no período de setembro a decembro de 2008 e que teñen que ver co reforzo, a elaboracións de plans e a sensibilización en mateia de igualdade e equidade de xénero que contempla este proxecto

O concello de Culleredo é socio fundador do Fondo Galego de Cooperación, -dende 1997- mais esta é a primeira vez que colabora de xeito directo a través dun convenio específico nun proxecto de cooperación internacional concreto, mais alá da aportación económica anual correspondente como membro do Fondo.

Está previsto que nos vindeiros anos continúen a desenvolverse mais iniciativas de cooperación así como crecemento do orzamento municipal; froito desta nova política é a celebración do I Encontro de Cooperación, Voluntariado e Interculturalidae que se celebrará os días 24 e 25 de outubro co obxectivo de crear espazos de reflexión e de sensibilización entre a poboación de Culleredo no eido da solidariedade e que tem como fin último o contribuír á erradicación da desigualdade social.

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina