Culleredo amosará o traballo feito por Solidariedade Galega en Nicaragua cunha mostra fotográfica

Dende o programa de Cooperación do Concello de Culleredo, infórmase de que durante todo o vindeiro mes de novembro terá lugar no Xardín Botánico do Burgo, unha exposición fotográfica do proxecto de cooperación realizado en Nicaragua pola ONGD Solidariedade Galega : A formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento  en Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas, Nicaragua, co-financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que reflexa tanto o esforzo realizado por medio do proxecto, como a cultura e a sociedade do pobo nicaragüense.

A exposición, denominada "Nicaragua, unha realidade viva", consta de 54 fotografías (obra de Eduardo J. Castro Rodríguez, fotógrafo que expuxo xa en diferentes ciudades españolas e extranxeiras  e que acaba de rematar unha exposición na Biblioteca Nacional de Amsterdam, e que para a realización das fotografías conviviu cos voluntarios/as en Nicaragua durante o tempo do proxecto) e tamén conta con dous carteis explicativos das actividades realizadas por Solidariedade Galega en Nicaragua.

A exposición divídese en tres bloques distintos:

1º bloque: céntrase nas actividades realizadas en Nicaragua pola ONGD

2º bloque: céntrase na problemática sanitaria e social dos buzos de Puerto Cabezas

3º bloque: céntrase na cultura e a sociedade do pobo nicaragüense

 

                    

 

 

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina