Plan Municipal contra o Absentismo Escolar

Por que un Plan municipal contra o absentismo escolar? Anagrama plan absentismo escolar

O absentismo escolar é un problema que xera grandes dificultades para o desenvolvemento social, cultural, persoal e profesional dos menores.

Cal é a finalidade do Plan?

Este Plan ten como obxecto previr e reducir as situacións de absentismo escolar dos nenos/as e xoves en idade de escolarización obrigatoria.

A quen vai dirixido?

Ao conxunto do alumnado dos centros educativos do Concello de Culleredo

Cales son os obxectivos e accións do Plan?

  • Coordinar os recursos educativos e sociais do municipio cara unha maior eficacia na prevención e intervención contra o absentismo
  • Intervir dun xeito integral nas conductas absentistas para conquerir a asistencia regular ao centro e a integración dos menores


A Comisión Municipal de Absentismo Escolar

A Comisión é un espazo de traballo, que pretende un intercambio  de ideas entre responsables e profesionais vinculados competencialmente na loita contra o absentismo escolar baixo a filosofía  xeral de traballo de SUMAR ESFORZOS E ENGADIR RECURSOS desde a máxima implicación dos centros escolares e da administración local de Culleredo.

Composición da Comisión Municipal Contra o Absentismo Escolar:

  • Concelleiro/a de Educación, que dirixirá os traballos da Comisión xeral.
  • Representante da Inspección Educativa da Xunta.
  • Concelleiro/a de Benestar Social
  • Un coordinador/a de absentismo por centro de Educación secundaria.
  • Un coordinador/a de absentismo por centro de Educación Primaria
  • Un representante da Federación de ANPAS.
  • Xefa de Servizo do Dpto. Municipal de Educación
  • Xefa de Servizo do Area de Benestar Social
  • Un administrativo da Concellaría de Educación que realice as funcións de secretario/a.
  • Por cada titular designarase un suplente.

Contacto

DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Rúa Andrés Pan Vieiro, 30
15670 O BURGO
Tfno. 981.661208
educacion@culleredo.es

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina