Cruceiro

Situado no atrio da igrexa, é o cruceiro máis antigo que se coñece no concello, segundo reza unha inscrición no mesmo. Aínda que os cruceiros da comarca son polo xeral pobres en decoración figurativa, limitándose a unha cruz espida sobre unha columna prismática, este de Orro posúe a representación de Cristo crucificado por unha banda e a Virxe na cara que mira ao templo. A cruz levántase sobre unha columna de sección octogonal con capitel, é de estilo neoclásico, situada sobre un pedestal de lousas de granito.