Ourivería

Nesta parroquia consérvanse tres obras de Ourivería interesantes: cruz parroquial, incensario e naveta, realizadas en prata con traballo de filigrana; o incensario e a naveta datados a principios do século XVII.

A cruz parroquial é a obra de maior beleza, é unha cruz latina cos extremos trebolados, con lóbulos intermedios nos seus brazos. No centro representa a imaxe de S. Estevo e pola outra cara a Cristo crucificado, ambas figuras foron sobredouradas para destacar sobre o conxunto da peza.