Axenda

Exposición de bonsais

Data : 
Venres, 21. Xuño 2013 (Todo o día) - Sábado, 22. Xuño 2013 (Todo o día)


Os días 21 e 22 de xuño estará aberta ao público, nas instalacións do Coruña The Style Outlets, en Alvedro, unha exposición de bonsáis da Asociación Bonsai Coruña.

Conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Culleredo e o centro comercial.

Quico Cadaval no Festival do Humor

Data : 
Venres, 21. Xuño 2013 - 17:00 - 22:30

I FESTIVAL DE HUMOR

Edificio de Servizos Múltiples do Burgo:

Ás 17.00 horas, charla sobre humor en Galicia.

Ás 21.00 horas, actuación de Quico Cadaval.

As entradas, a prezo de 7 euros, venderanse o mesmo día das actuacións, unha hora antes, en taquilla.

A derradeira actuación deste Festival será:

Venres 28 de xuño: Ás 21.00 h, actuación de Carlos Blanco.

Contacontos coa Dragona Ramona

Data : 
Venres, 21. Xuño 2013 - 18:30 - 19:30

 

Contacontos coa Dragona Ramona: "Imos cazar un oso".

Biblioteca González Garcés do Burgo. 18.30 horas.

Nenos/as  a partir de 3 anos (sen pais nin nais). Entrada libre.

Inauguración mostra das actividades culturais

Data : 
Venres, 21. Xuño 2013 - 20:00 - 21:00

 

Inauguración da exposición das Actividades culturais municipais (curso 2013-2013)

Conta con obras de debuxo, óleo, fotografía, ou confección.

Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín  Botánico do Burgo. 20.00 h.

Mostra aberta do 21 de xuño ao 10 de xullo.

Tramitación do DNI en Culleredo

Data : 
Martes, 25. Xuño 2013 (Todo o día) - Mércores, 26. Xuño 2013 (Todo o día)

As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 25 e 26 de xuño, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania (Avd. Vilaboa, nº 44).

Haberá que solicitar cita con anterioridade, ben en persoa en ditas oficinas ou no número de teléfono 981 65 00 77, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

O prazo para pedir cita comezará o 2 de maio ata cubrir o cupo, que será por orde de inscrición.