Culleredo acolle o II Maratón de Fútbol Sala ‘Castelo non para’

cartelO polideportivo de Tarrío será esceario esta fin de semana da segunda edición do ‘Castelo Non Para’, o maratón de fútbol sala organizado pola Asociación Castelo Deporte en colaboración co Concello. Serán 24 horas ininterrompidas de deporte e convivencia.

Os delegados parroquiais apostan pola ecoloxía no programa de actividades de maiores

Asemblea de MaioresA asemblea dos delegados parroquiais de Culleredo analizou os principais asuntos de actualidade coa primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares. O programa de viaxes introducirá este ano unha compoñente ecolóxica.

Os comerciantes de Culleredo celebran a súa IV Feira de Oportunidades en Vilaboa

A asociación de Comercio de Culleredo, en colaboración co Concello de Culleredo, organiza a IV Feira de Oportunidades, na que participarán uns 35 negocios. Será os días 10 e 11 de marzo na Polideportiva Sofía Casanova de Vilaboa. Os descontos alcanzarán ata o 80%.

O Concello promove a alimentación saudable entre os adolescentes

O Concello de Culleredo desenvolverá, durante o mes de marzo, obradoiros de promoción da alimentación saudable dirixidos ao alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Blanco Amor. Enmárcase no Plan de prevención de trastornos adictivos que o Concello está a impulsar.

Culleredo promoverá a dignidade no emprego no Día Mundial da Muller Traballadora

cartelO Concello de Culleredo dedica o Día Mundial da Muller Traballadora deste ano, o 8 de marzo, á defensa dunhas condicións laborais dignas. A charla informativa: “Emprego doméstico: a nova regulación” terá lugar no de Pazo Vila Melania o xoves ás 19:00 horas.

O Burgo recibe unha exposición de pintura, escultura e gravado

cartelA aula de Natureza do Xardín Botánico do Burgo recibe a exposición “Artes Viaxeiras”, do Liceo Europeo das Artes, que recolle obras de pintura, escultura e gravado de diferentes autores. Permanecerá aberta ata o 7 de abril.

Culleredo inicia a formación para coidadores de nenos a domicilio

cartelA Casa Rosa do Burgo acollerá unha formación para todas aquelas persoas que queiran traballar como coidadoras de nenos e nenas a domicilio e non teñan ningunha formación específica neste campo. O curso comeza o mércores 29, día no que remata o prazo de inscrición.

A nova mascota das Bibliotecas de Culleredo, a Dragona Ramona, inicia o seu traballo nos colexios

Actuación no colexioA Dragona Ramona, un personaxe que animar aos nenos a abrir libros e gozar da literatura, comeza a traballar nos colexios do municipio.O goberno local ten claro que o papel da mascota non debía cinguirse ás actividades culturais e aposta pola coordinación  cos centros de ensino para promocionar a lectura desde as aulas.

Culleredo promociona a musicoterapia como ferramenta para a mellora da saúde

cartelO Concello de Culleredo organiza unha conferencia que amosará os beneficios da musicoterapia na saúde. Será impartida por unha experta e terá lugar no pazo de Villa Melania o mércores 29 ás 19.00 horas.

Máis de 30.000 persoas pasaron pola I Festa do Cocido

A I Festa do Cocido, celebrada no Burgo, finalizou cun éxito rotundo de público, con máis de 30.000 persoas que asistiron, o que a converteu no centro do Entroido da comarca. Pola súa banda, o Concello aforrou 6.700 euros grazas ao evento.

O Burgo acolle o venres o Deportivo - Oporto de veteranos

presentaciónO polideportivo do Burgo será o esceario do Deportivo - Oporto da liga de veteranos de fútbol indoor. O Concello e o equipo piden o máximo apoio dos afeccionados para derrotar a un rivil complicado e case asegurarse o pase á seguinte fase.

O Burgo acolle a I Festa do Cocido

cocido1.jpg
presentaciónO recinto multiusos do Burgo acolle a I Festa do Cocido, cinco xornadas onde a gastronomía, a música, a animación, e tamén a solidariedade serán protagonistas. A carpa ten 2.500 metros cadrados de superficie, aos que hai sumar outros 600 onde se situarán as cociñas, os servizos ou o recinto de animación infantil. Na carpa principal estarán instaladas 200 mesas onde caberán unhas 1.600 persoas.

Culleredo emprende un plan de mellora do saneamento da ría ao demorar a Xunta a firma do convenio

O Concello de Culleredo pon en marcha actuacións de mellora no sistema de saneamiento do municipio ao carecer de noticias das intencións da Xunta co convenio de colaboración que anunciou en novembro. As obras son realizadas pola empresa concesionaria do servizo ao ter incluído o equipo de goberno esta cláusula no contrato.

Veiga prepara o seu tradicional testamento para celebrar o Luns de Entroido

cartelO Entroido de Veiga terá lugar o vindeiro luns 20 a partir das 13.00 horas. Os veciños xa ultiman as coplas satíricas do chamado testamento. O Concello anima a asistir ao Entroido máis xenuino de Culleredo.

Aberta a rúa Moncho Reboiras no centro do Burgo, cun centenar de aparcamentos

rúa moncho reboirasA urbanización da rúa Moncho Reboiras descubre unha nova zona residencial e con espazos públicos, en pleno centro do Burgo. Isto propiciou a apertura de dúas rúas transversais que a unen con Visitación da Encina e con Fernando Pérez de Traba, mellorando a mobilidade para os residentes. O número de prazas de estacionamento rolda o centenar.

Aberta a inscrición para o curso de coidado de bonsais

A asociación cultural Bonsai Coruña e o Concello de Culleredo abren o prazo de inscrición para o curso de coidado de bonsáis que se celebrará no Burgo en marzo. O obxectivo consiste en impartir unha formación básica para iniciarse no mundo do bonsái.

Mostra de novos fondos artísticos do Concello de Culleredo

A Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago” dos Muíños de Acea de Ama acolle unha mostra de pintura cun total de 42 cadros procedentes dos fondos artísticos do Concello de Culleredo. Estará aberta ao público ata o mes de marzo.

A asociación Alma e o Concello de Culleredo levan a cabo obradoiros de crianza no Burgo

 As sesións desenvolveranse no local social de Costa da Lonxa todos os mércores, en horario de 18:30 a 20:00 horas. A iniciativa constituirá un novo espazo de apoio ás familias para a aprendizaxe e intercambio de pautas necesarias para a crianza saudable ata os 5 anos.

AnhidaCoruña inicia en Culleredo obradoiros de apoio psicolóxico e psicoeducativo

Iniciaranse o 4 de febreiro no Centro social municipal de Costa da Lonxa en O Burgo. A iniciativa pretende traballar cos/as nen@s con trastorno de déficit de atención con/sen hiperactividade a interacción e a participación ou a autonomía persoal.

O Concello organiza un curso de “economía doméstica” con consellos prácticos para o aforro

cartel cursoA Casa Rosa do Burgo acollerá un curso destinado a promover hábitos de consumo de aforro nunha serie de conceptos cotiás, coma os electrodomésticos ou os servizos de telefonía. Desenvolverase todos os xoves dos meses de febreiro e marzo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina