Culleredo amplía o horario da biblioteca do Burgo en 10 horas á semana

cartel DickensAs salas de lectura municipais alcanzan os 7.600 socios coa ampliación do funcionamento da biblioteca do Burgo, demandada polos propios usuarios. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, celebra o interese que esperta a lectura, promovida nos pequenos coa Dragona Ramona.

O Concello promove unha proveitosa unión dos usuarios da Escada cos pequenos de 1º de Primaria

obradoiroAs persoas con discapacidade intelectual do centro ocupacional municipal convertéronse en mestres para ensinar aos nenos a reciclar papel. O obradoiro forma parte dun programa impulsado polo departamento que dirixe Raquel Jabares para “conxugar as actividades para os nenos dos colexios coa formación ocupacional dos usuarios da Escada”.

A Policía Local constata resultados moi positivos no inicio do aparcamento exprés no Burgo

praza europaOs axentes verifican que a utilización das prazas marcadas como aparcadoiro exprés rota de forma continua, obxectivo primario da medida adoptada polo Concello de Culleredo para favorecer as xestións curtas no Burgo. O goberno local pide aos usuarios que sinalicen a hora de chegada para propiciar un control efectivo do estacionamento.

O Concello inicia un novo ciclo de actividades de promoción da muller

cartelO Concello de Culleredo inicia o ciclo de charlas: “E ti que contas?...”, que ten como obxectivo informar e orientar ás mulleres sobre determinadas problemáticas que lles afectan como colectivo. As xornadas comezarán o mércores 18 de abril cunha charla da psicóloga do Concello sobre a menopausia.

Conmemoración do 81º aniversario da II República española

estatuaO 14 de abril cúmprense 81 anos da proclamación da Segunda República en España. O Concello de Culleredo conmemora esta data lembrando os persoeiros e aspectos máis relevantes relacionados co municipio.

Culleredo celebra o seu primeiro pleno xuvenil

plenoO Concello conmemorou o bicentenario da Constitución de Cádiz coa celebración do seu primeiro pleno xuvenil. Más de 100 alumnos de 4º de ESO do Blanco Amor elevaron propostas e preguntas que contaron coa participación do alcalde, Julio Sacristán.

O Burgo recibe unha mostra fotográfica de José Manuel Fachal

imaxe cascadaA Aula de Natureza do Burgo recibe unha exposición de fotografías de José Manuel Fachal, topógrafo e proxectista. A  mostra permanecerá aberta ao público desde o venres 13 de abril, cando se inaugurará por parte da Concellaría de Cultura, ata o 8 de maio de 2012.

Culleredo lanza a oferta de Campamentos de Verán 2012

cartelO Concello abre desde o día 16 de abril o prazo de inscrición para os campamentos de verán 2012. A oferta abarca diferentes posibilidades que cubren desde o fin das clases en xuño co obxecto de proporcionar unha alternativa de lecer aos rapaces e un servizo de conciliación ás familias.

Culleredo aproba un plan de axuste cun incremento de 2,2 millóns de ingresos e unha reducción de 1,7 millóns de gastos

imaxe do plenoAplicando un axuste nestas dúas vías, o Concello alcanza un axuste de 3,9 millóns de euros. Este plan servirá para non incorrer en déficit os próximos anos, garantindo o pago en prazo aos provedores, e obter superávit para investimentos.

Culleredo celebrou a gran festa da solidariedade e o voluntariado

concertoO Concello de Culleredo celebrou o seu Concerto Solidario no Conservatorio Municipal de Música o pasado venres 30. Participaron as diferentes ONGs sitas no municipioo: Mundo Cooperante, Mestura, Mosaico e Cáritas, xunta coa Oficina Municipal de Voluntariado.

Culleredo reunirá a 250 ciclistas na V Pedalada Ártabra

cartelA Pedalada Ártabra, organizada polo Club Ciclista Riazor coa colaboración do Concello de Culleredo, chega a súa V edición con 250 participantes inscritos. A Marcha, que partirá e terminará en Tarrío, encádrase dentro da categoría de Cicloturismo-BTT sendo un exercicio físico con fines de ocio, turístico ou cultural.

Culleredo recibe a mostra fotográfica "Galicia en Foco"

cartelA exposición, que quedará instalada desde este venres 30 nos Muiños de Acea de Ama, conta con apartados de fotoxornalismo e fotorreportaxe, recollendo fotografías publicadas en diversos medios xornalísticos dende finais de 2010 e o ano 2011, así como algunas inéditas.

Os pequenos de Culleredo celebran o Día Mundial da Árbore

plantaciónUn total de 80 nenos e nenas do Colexio Rural Agrupado de Culleredo conmemoraron o Día da Árbore cunha plantación de árbores, ás que previamente bautizaron, no Pazo de Vila Melania. Logo desfrutaon dun contacontos e dunha merendiña nunha actividade organizada polo Concello de Culleredo.

O Concello ultima a recuperación da contorna da igrexa do Burgo

igrexaA rehabilitación da contorna da igrexa románica do Burgo entra na súa recta final. Tras a renovación do pavimento, a instalación de xogos infantís, a substitución do atrio ou a plantación do céspede, apenas resta a retirada dun poste de luz. O Concello estima que a obra concluirá antes de Semana Santa.

O Concello informa sobre como tramitar reclamacións de consumo

cartelA xornada: “Dereitos do consumidor. Tramitación de queixas e reclamacións” desenvolverase o 21 de marzo no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de Burgo. É a primeira dun ciclo de charlas que se levarán a cabo para dar a coñecer á cidadanía aspectos básicos en materia de consumo.

O Concello inicia un obradoiro para ensinar a manexar o móbil

cartelO Concello inicia unha acción formativa para ensinar a manexar o móbil. Nas sesións, que se celebran no Burgo e en Vilaboa, abordaranse conceptos como a mensaxería, o uso da cámara do terminal, a creación de contactos de emerxencia, ou as aplicacións de internet.

O Grupo de Teatro Interxeneracional inicia unha xira de actuacións ante os pequenos

cartel xiraOs maiores de Culleredo levan as súas obras de teatro aos máis pequenos do municipio. O Grupo de Teatro Interxeneracional actuará entre o 14 e o 28 de marzo nas escolas infantís e nos centros Aspanaes da Coruña e de Castelo.

O Concello presenta un libro sobre Xaime Quintanilla Martínez

portada do libroO Concello de Culleredo presentará o venres 16 de marzo, ás 20.30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o libro "Xaime Quintanilla Martínez: vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República", editado pola Fundación Luís Tilve.

Conclúe a conmemoración do Día Mundial da Muller cunha mesa de debate de sindicatos e empresarios

Para rematar a campaña “Muller: no traballo dignidade”, o Concello organiza un debate co título “Mulleres e crise: dobre desigualdade”., que abordará a influencia que pode estar a provocar a situación de crise nas políticas de igualdade. Será o 14 de marzo, ás 20:00 horas no Conservatorio.

Culleredo implantará zonas de “aparcamento exprés” para favorecer a actividade comercial

Usos MúltiplesPara favorecer a actividade comercial e hostaleira do municipio, o Concello de Culleredo impulsará o "aparcadoiro exprés" no núcleo do Burgo. A praza de Europa, a avenida de Ribados, a avenida de Galicia e fronte o Edificio de Servizos Múltiples serán as zonas que acollan as 10 prazas nas que se estableza o estacionamento limitado, sen tarifa algunha e sinalizadas en azul.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina