Actualidad

Comezaron as obras de mellora dos equipamentos do paseo marítimo do Burgo

Obras no parque infantilO Concello de Culleredo iniciou os traballos de mellora no paseo marítimo do Burgo, zona verde por excelencia do municipio e da comarca. Afectarán ás pistas deportivas, parque infantil e aseos, entre outros equipamentos.

Bocatas saudables nos campamentos de Culleredo

Campaña saudableO Concello de Culleredo desenvolveu a campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata" nos campamentos que desenvolve nos colexios Isaac Díaz Pardo e Sofía Casanova.

Premiados do XIV Concurso de Pintura ao Aire Libre "Pintor Argüelles"

Entrega dos premiosO Concello de Culleredo deu entrega dos premios do XIV Concurso de Pintura ao Aire Libre "Pintor Argüelles" nun acto celebrado na Aula de Natureza do Burgo.

O Concello de Culleredo aposta por un incremento de efectivos da Garda Civil

O Concello de Culleredo convocará para setembro a xunta local de seguridade. Nela plantexará un aumento da plantilla da Garda Civil cullerdense para adaptarse ás cifras de municipios de similares características.

O Burgo acolle unha mostra de pintura de Novais

A Aula de Natureza de Burgo recibe desde o 4 de agosto ao de setembro unha exposición de pintura da artista Novais.

Entrega dos premios do XIV Concurso de Pintura ao Aire Libre

O Concello de Culleredo celebra o acto de entrega de premios do XIV Concurso de Pintura ao Aire Libre "Pintor Argüelles".

Acea de Ama acolle unha mostra de Ricardo Arce

A sala dos Muiños de Acea de Ama acolle unha exposición de pintura de Ricardo Arce desde o 27 de xullo ata o 31 de agosto deste ano.

Aviso de cortes de tráfico por motivo das Festas do Burgo

O Concello informa dos cortes de tráfico a efectuar polas Festas de Santiago Apóstolo no Burgo.

Clausurados os obradoiros de cociña e habilidades sociais

clausuraO Concello de Culleredo fixo o acto de clausura dos obradoiros de cociña e habilidades sociais.

Culleredo continúa ofertando apoios ás familias na súa tarefa de conciliar

A Concellaría de educación de Culleredo ten aberto o prazo de matrícula para os meses de xullo e agosto, para inscribirse nas actividades do Programa Ponte a punto: programa de apertura de centros escolares públicos en horario non lectivo.

Ampliados os horarios de xardin botánico, aula de natureza e Villamelania

O Concello informa da ampliación de horarios do xardín botánico do Burgo, do xardín de Villamelania e da aula de natureza co obxectivo de proporcionar un mellor servizo aos veciños.

O Concello presenta o Mercado Templario do Burgo e a Feira dos Continentes

Presentación feriaO recinto multiusos do Burgo acollerá o Mercado Templario desde o 1 ao 3 de xullo e a Feira dos Continentes entre o 5 e o 17 de xullo.

IV Mercado Templario do Burgo de Faro

cartazO Mercado Templario do Burgo de Faro chega á súa edicíón IV. Celebrarase no paseo marítimo entre os días 1 e 3 de xullo.

Pacto de goberno entre PSdeG-PSOE e BNG de Culleredo

O PSdeG-PSOE e o BNG de Culleredo veñen de acordar o pacto de goberno para o mandato 2011-2015 tras o resultado das eleccións celebradas o pasado 22 de maio.

II Concurso de Fotografía Medioambiental para escolares

IES Blanco Amor
A Concellería de Educación entregou os premios do “II Concurso Concello de Culleredo de Fotografía Medioambiental para escolares”. Esta iniciativa pretende concienciar e sensibilizar a comunidade escolar sobre as causas, efectos e solucións asociadas ao cambio climático e á perda da boidiversidade, e con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Julio Sacristán, proclamado alcalde de Culleredo

 Investidura alcalde
 Julio Sacristán foi nomeado alcalde de Culleredo tras o pleno de investidura celebrado no Concello. No seu discurso apostou polo diálogo e consenso coas asociacións e grupos políticos para o avance de Culleredo.

O Concello de Culleredo renovará equipamentos do paseo marítimo do Burgo

pistas do paseoO Concello de Culleredo prepara unha renovación de parte dos equipamentos que dispón o paseo marítimo do Burgo, zona verde referente no municipio e na comarca da Coruña. Así, o plan de actuación do goberno local que preside Julio Sacristán pasa por modernizar instalacións proporcionando maior servizo aos usuarios.

30º Torneo Municipal de Chave "Concello de Culleredo"

Lugar: Campo de Fútbol de Almeiras
Sábado 11 de xuño ás 18:00 horas.

XIV Concurso Pintor Arguelles

Domingo 19 de xuño, de 9:00 h. a 14:00 h, no recinto do Xardín Botánico "Ría do Burgo"

Exposición extraordinaria de Felipe Criado no Muíño de Acea de Ama

Inauguración o venres 17 de xuño de 2011, ás 20.30 h.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina