Actualidad

Orro estreará este domingo a andaina 'Túneles de Culleredo' con 250 persoas inscritas

Orro acollerá este domingo a andaina ‘Túneles de Culleredo’, proba da I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da FGM, así como da liga Ibérica. Participarán 250 persoas entre todos os percorridos.

'Reinas malas', dentro do VI Ciclo Metropolitano 'Elas son artistas', este venres ás 20:30 horas en Servizos Múltiples

O Concello de Culleredo participará na VI Edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música ‘Elas son artistas’ coa actuación de Reinas malas no Edificio de Servizos Múltiples este venres, 22 de setembro.

Finalizan as 'Mañás de campamento', o programa de conciliación impulsado polo Concello de Culleredo

Hoxe, 1 de setembro de 2023, despídese unha nova edición do programa ‘Mañás de campamento’, impulsado polo Concello de Culleredo para favorecer a conciliación das familias do municipio.

O Concello adicará 96.503,39 euros para preservar a biodiversidade do Monte Xalo

O Concello de Culleredo adicará 96.503,39 euros para preservar a biodiversidade do Monte Xalo, proxecto para o que xa hai unha reserva de crédito no Orzamento de 2023.

O Concello abre este luns o prazo de preinscrición para as escolas municipais culturais e deportivas

O Concello de Culleredo abre este luns, 28 de agosto, o prazo de preinscrición das escolas municipais culturais e deportivas. Rematará o 5 de setembro. Poderá realizarse tanto de maneira presencial, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, como no correo escolasmunicipais@culleredo.es, en ambos os casos sendo condición indispensable presentar o formulario debidamente cuberto e asinado. 

Culleredo abre ó tráfico a ríua Vicente Risco tras cortala polas obras da nova glorieta da avenida de Vilaboa

O Concello de Culleredo reabriu ao tráfico a rúa Vicente Risco, tras cortala polas obras da nova glorieta de Vilaboa, traballos de renovación da intersección da devandita rúa e Domingo Sierra coa avenida, onde se está a construír unha glorieta. 

Os Torneos de Fútbol de Culleredo volven este verán

 

Entre o 16 de agosto e o 10 de setembro desputaranse catro competicións, repartidas entre o campo do Burgo, Rutis e Almeiras: o XLIV Trofeo de Fútbol Afeccionado, o XXIV Trofeo de Fútbol de Veteráns, o VIII Trofeo de Fútbol Base e o IV Trofeo de Fútbol Feminino.

 

Información do Concello de Culleredo sobre as medidas a adoptar pola situación de seca

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, aposta pola toma de medidas conxuntas entre os Concellos que captan auga do encoro de Cecebre ante a situación de seca prolongada.

O Concello desenvolve as Mañás de Campamento 2023

Continúa desenvolvéndose con motivo das vacacións de verán o programa municipal "Mañás de campamento 2023", impulsado para facilitar a conciliación ás familias de Culleredo. 

Dispositivo especial de seguridade e tráfico polas Festas do Burgo

As festas do Burgo desenvólvense do 21 ao 26 de xullo e o Concello de Culleredo contará cun operativo especial de seguridade e tráfico.

Préstamo gratuito de material ortoprotésico grazas a Agaela

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – Agaela, con sede en Culleredo desde  2017 e preto de 550 membros asociados, aumenta o seu número de socios ano a ano, brindando apoio ás familias que se atopan convivindo cun diagnóstico de ELA. Só neste último ano, a entidade chegou a atender a máis de 130 familias.

O balonmán volve este verán aos espazos deportivos de Culleredo

Este verán poderás practicar balonmán co Club Balonmán Culleredo es diferentes espazos do concello, ata o 13 de agosto. 

Peche exitoso do BurgoJazz e o Entreculturas

O BurgoJazz e o Entreculturas encheron de cultura o comezo do mes de xullo en Culleredo.

O novo goberno local configúrase en 8 áreas enfocadas ao benestar social

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, dividiu o novo executivo municipal nunha estrutura que busca dar prioridade á resposta social.

Peche ó tráfico da Avenida Miguel González Garcés por mor dos traballos de pavimentación

Desde o Concello de Culleredo informamos de que, entre os días 25 e 28 de xuño, en horario de 22:30 a 6:30 horas, haberá afectacións de tráfico na Avenida Miguel González Garcés debido ós traballos de pavimentación. 

Mañás de campamento 2023

O luns 26 de xuño iníciase o programa municipal de conciliación MAÑÁS DE CAMPAMENTO que se desenvolverá durante as vacacións de verán nas dúas instalacións previstas.

Corte Carril Bici e Paseo Marítimo

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina